Xeración 1 - O recuncho das ideas

Xeración 1

PRIMEIRA XERACIÓN DE COMPUTADORAS (1951-1959)
As características principais son: o cambio de máquinas manuais a máquinas automáticas mediante tubos de vacío, , a linguaxe usada principalmente para programalas era linguaxe de máquina, e a súa finalidade era académica e militar, non tiñan sistema operativo se non que tiñan unha tarxeta perforada (nada para controlar o censo de Estados Unidos) para almacenar toda a información.
A primeira máquina recoñecida foi a ENIAC, neste modelo introducíase o modelo de compilador que interpretaba dúas linguaxes diferentes.
Os inventores que apareceron nesta época e que foron moi importantes para o progreso desta invención foron:

·       John von Neumann (1903-1957) foi un dos matemáticos mais importantes da historia moderna cuxo legado inclúe, entre outras aportacións, a arquitectura de computadores e as máquinas autorreplicantes. Foi un pioneiro no uso da aritmética binaria nos ordenadores eléctricos, e desenrolou a arquitectura que se está usando actualmente.
·       J. Presper y J.Mauchly, constructores de la UNIVAC 1 (Universal Automatic Computer)O UNIVAC foi a primeira computadora deseñada e construída para un propósito non militar. Foi desenrolada para a Oficina do Censo de Estados Unidos en 1951. Empezaron a deseñala e construíla no 1946. Anque tamén se venderon para axencias do goberno de EE.UU e compañías privadas. En total vendéronse 46 unidades. Cada una desas computadoras valían de $1.000.000 a $1.500.000, cifras que actualizadas serían do estilo de $6.500.000 a $9.000.000.
Era una computadora que pesaba 7257 kg. Aproximadamente. Estaba composta por 5000 tubos de vacío, e podía executar uns 1000 cálculos por segundo. Era una computadora que procesaba os díxitos en serie. Podía facer sumas de dous números de dez díxitos, cada un, uns 100.000 por segundo. Funcionaba con un reloxo interno e tiña memorias de mercurio. Estas memorias no permitían o acceso inmediato aos datos, pero tiñan mais fiabilidade cós tubos de rallos catódicos, que son los que se usaban normalmente. A entrada consistía nunha cinta magnética con unha velocidade de 12800 caracteres por segundo, tiña unha tarxeta que convertía a información dende tarxetas perforadas a cintas magnéticas cunha velocidade de 200 caracteres por segundo. A saída podía ser por cinta magnética a 12800 caracteres por segundo, ou por una impresora cunha velocidade de 600 línea por minuto.
·       Howard Aiken(Hoboken, 1900 - St. Louis, 1973) Matemático e enxeñeiro estadounidense que construíu a primeira calculadora electrónica moderna, a Mark I, que perfeccionaría logo con un segundo modelo, a Mark II.


As máquinas mais destacadas que apareceron na primeira xeración foron: a Z1 computadora (primeira máquina de tipo combinado), COLOSSUS (10 máquinas creadas coa finalidade de descifrar mensaxes alemáns), ABC (primeira computadora dixital de tipo informático, resolvía ecuacións de 29 incógnitas), MARK1 (combina a electrónica e a mecánica, era de IBM), ENIAC ( Electronic Numerical Integrator And Computer), MANCHESTER BABY (primeira en traballar cun programa que se encontraban almacenado no espacio de datos), UNIVAC1 (primera máquina de uso comercial para procesar grandes cantidades de datos), LEO (pasado a historia por utilizarse na resolución de problemas de negocios).
Tódalas máquinas desta xeración eran moi limitadas e tiñan un funcionamento moi lento, ademais del custoso proceso de fabricación, polo que foron desenroladas por encargo e deseñadas para cumprir una función específica. Polo que non era posible una produción posible.




Bibliografía:
·       Howard Hathaway Aiken. (n.d.). Retrieved from https://www.biografiasyvidas.com/biografia/a/aiken_howard.htm

·       octubre, 29. (n.d.). Navegación principal Menú INICIO MUSEO DE INFORMÁTICA ACERCA DE. Retrieved fromhttps://histinf.blogs.upv.es/2010/10/29/john-william-mauchly/


No hay comentarios:

Subscribirse